VI Congreso Internacional de Educación Ambiental

Do 13 ao 16 de Febreiro tivo lugar en Alcalá de Henares (Madrid), o VI Congreso Internacional de Educación Ambiental organizado pola Asociación Española de Educación Ambiental.

O congreso xirou en torno ao temas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel e de como actualizar a Educación Ambiental para afrontar un dos principais problemas da humanidade, o Cambio Climático.

Palestras, mesas redondas, pósters, obradoiros… Sesións teóricas e prácticas alternáronse para abranguer todos os temas. O eventou congregou a xente do outro lado do Océano Atlántico (Cuba, Pánama, Costa Rica ou O Brasil) e tamén xente de España (Galiza, Valencia, Andalucía…) co obxectivo de intercambiar as diferentes visións e situacións da Educación Ambiental nos seus países.

Tras un congreso moi intenso e cheo de grandes intervencións, destácanse 10 conceptos chave que marcarán a liña de traballo e evolución de Educación Ambiental:

  1. Existe acordo en que temos problemas socioambientais importantes, (Cambio Climático, contaminación de los océanos, proliferación de plásticos o la alimentación industrial).
  2. Todo isto xera un escenario de incertidume, complexidade e risco. Mais é preciso transmitir a ilusión de ser protagonistas do cambio cara o novo modelo.
  3. A reconexión coa naturaleza é imprescindible. Nun mundo onde a urbanización crece exponencialmente, o contacto co medio natural ensina, equilibra e inspira.
  4. A non-violencia é tamén un instrumento útil para as activistas e educadoras.
  5. As experiencias ambientais multiplícanse en escolas e poboacións. Pero deben ser programadas, continuas no tempo e posteriormente evaluadas
  6. A educación ambiental non só alcanza o intelecto, debe integrar tamén o afectivo e o corporal.
  7. A cooperación e colaboración resultan sumamente importantes. Canto máis cerca nos encontremos, máis proxectos compartamos e mellor nos coordinemos, maiores probabilidades de éxito terán as nosas propostas.
  8. Para o año 2050, o 70% da población mundial vivirá en cidades. Urxe humanizalas, dando protagonismo ás personas, promovendo a mobilidad sustentábel, fomentando o comercio de proximidade, separando adecuadamente os residuos, planificando zonas verdes e manténdoas libres de contaminación.
  9. A Educación Ambiental enriquécese con novos contidos. A arte, a economía ou a meditación son grandes fontes a ter en conta.
  10. En momentos de incertidume, a imaxinación é máis importante que o coñecemento. Os novos problemas requiren respostas creativas. A Educación Ambiental debe introducir novos enfoques dentro dun ambiente interdisciplinar.

Se non puideches asistir ao Congreso ou queres velo de novo, aquí tes a lista de reprodución de YouTube:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *